Axenda

Cuarteto Skirion
domingo 28 Setembro 2014
Vistas : 411

Data:
domingo, 28 de setembro
Hora:
19.00 h
Onde:
San Pedro de Rocas - Esgos
Entrada:
gratuita

Alejandro Cimadevila, saxofón soprano 
Jorge García, saxofón alto 
Alberto G. Noguerol, saxofón tenor 
Marcos Mariño, saxofón barítono

O cuarteto Skirion está composto por catro mozos galegos, profesionais do saxofón, que dende 2012 interpretan e dan a coñecer os extensos e variados repertorios de música existentes para esta formación instrumental, o cuarteto de saxofóns. O nome do grupo fai referencia ao deus grego dos ventos do noroeste. En xaneiro de 2014 gravaron o seu primeiro traballo discográfico, Recitation Book, no que ofrecen un percorrido de grande alcance estilístico e de profundos contrastes con obras de Bach, Maslanka, Paul Creston ou Granados, para mostrar a maleabilidade interpretativa do saxofón.

O programa de concerto vertébrase arredor da obra que lle dá título, do compositor contemporáneo David Maslanka, con claras influencias da música renacentista e barroca, que alternará con outras obras de autores barrocos, na intención de achegar o saxofón a un período da historia da música no que, por mor da súa curta idade, aínda nunca estivo presente.

Lugar: San Pedro de Rocas (Esgos)