Axenda

Camarada Nimoy
sábado 04 outubro 2014
Vistas : 508

Camarada Nimoy chega co seu artefacto sonoro en formato dúo a La Pecera en Vigo o 4 de outubro a partir das 22h. Este formato reducido, lonxe de ser un set acústico, é unha revisión máis electrónica e experimental de temas do seu repertorio, de pezas ou versións ainda non interpretadas polo grupo.
As frecuencias sonoras fundidas coa proposta visual mediante proxeccións levarannos de viaxe desde Vigo até unha república dun Spock socialista na galaxia exterior. 

A entrada para o concerto de La Pecera (rúa Pizarro, 35) ten o popular prezo de tres euros.

Lugar: La Pecera - Vigo