Axenda

Narci Rodríguez e Marcos Pin
domingo 05 outubro 2014
Vistas : 537
  • Domingo, 5 de outubro dende as 14:00 ata as 16:00

Na Capilla, xa que somos tan atrevidos, imos a probar, por primeira vez, coa sesión vermú (xa sei que se escribe "vermouth", pero creo que o termo "vermú" está o suficientemente extendido como para facer uso del :P ). 
Se o tempo acompaña farase na terraza onde Narci Rodríguez (voz e guitarra) e Marcos Pin (guitarra) porán a guinda musical facendo un repaso polos clásicos do blues e do jazz.
Nin que decir ten que, na Capilla, este tipo de eventos sempre van acompañados de oferta gastronómica -e máis tendo en conta que está programado para a hora de comer-. Non faltarán as nosas curiosas tapiñas entre outras ricas referencias de cociña (pizzas, tostas, bocatas, racións, etc).


Lugar: A Capilla - Santiago de Compostela