Domingo 12 outubro 2014
12:30 Cidade da Cultura
Portrait_György Ligeti
unha aproximación [pedagóxica] á música contemporánea
ZOAR ENSEMBLE quinteto de vento
NICASIO GRADAILLE piano
recomendado: a partir de 7 anos
György Ligeti (1923-2006)
Musica Ricercata (1951/53) + Sechs Bagatellen für Blaserquintett (1953)
1 Sostenuto piano
2 Mesto, rigido e cerimoniale piano
3 Allegro con spirito quinteto de viento
4 Tempo di Valse piano
5 Rubato Lamentoso quinteto de viento
6 Allegro molto capriccioso piano
7 Allegro grazioso quinteto de viento
8 Presto ruvido quinteto de viento
9 Adagio. Mesto (Béla Bartók in memoriam) quinteto de viento
10 Molto vivace. Capriccioso. Presto strepitoso quinteto de viento
11 Andante misurato e tranquilo piano
Artikulation (1958)
Zehn Stücke für Blaserquintett (1968)
1 Molto sostenuto e calmo
2 Prestisimo minaccioso e burlesco
3 Lento
4 Prestissimo leggero e virtuoso
5 Presto staccatissimo e leggero
6 Presto staccatissimo e leggero
7 Vivo energico
8 Allegro con delicatezza
9 Sostenuto stridente
10 Presto bizzarro e rubato
ZOAR ENSEMBLE
Joan Ibáñez frauta
David Villa óboe
Antonio Suárez clarinete
Benjamín Iglesias trompa
Álex Salgueiro fagot
Sempre con propostas musicais orixinais, frescas e rechamantes, e intentando escapar dos canons máis tradicionais, Zoar Ensemble emerxe como un dos conxuntos de música de cámara con instrumentos de vento máis activos do panorama musical galego. Dende as súas creación en 2009, teñen realizados máis dunha vintena de concertos en Galicia, Euskadi e Cataluña e participou en tres concursos internacionais onde recibiu diferentes galardóns. Unha das súas apostas principais é apoiar a creación actual, achegando novidades ao repertorio tradicional. Entre as súas estreas destacan The elephant and the clown de Paquito d'Rivera, Bufonesques de Òscar Àlvarez, Quintetto de fiati de Gabriel Bussi, Sos e Tons de gris baixo ou ceo de Xabier Mariño (con Manuel Rivas como narrador), Parafrase do nihilismo de Òscar Àlvarez e Luces de Alén de Juan Durán. Proximamente estrearán obras de Federico Mosquera, Fernando Buide e Óscar Navarro. Gravaron dous discos dentro do programa "Outra+Outra" que organizan a Fundación Paideia e a Deputación dá Coruña e é grupo residente do Auditorio Gustav Mahler do conservatorio de Culleredo.
NICASIO GRADAILLE piano
Estudou piano con Natalia Lamas (A Coruña), Cecilio Tieles (Vilaseca) e Peter Efler (Basilea, Suíza). En Basilea obtén o Konzertreifediplom (Diploma de Concerto). Obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de Piano "Xavier Montsalvatge" de Girona (1989), no Concurso Nacional de Piano "Gregorio Baudot" de Ferrol (1985) e o Premio Galicia no mesmo concurso (1991). Na actualidade é profesor de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Desenvolve a súa faceta profesional principalmente non eido dá música contemporánea. Doutor pola Universidade de Vigo, cunha tese sobre a obra pianística de John Cage, compositor de quen ten gravado, para a Radio Galega, ás Sonatas and Interludes para piano preparado.