Axenda

Pin&Martínez Antelo
terza feira 11 novembro 2014
Vistas : 540


Repetimos residencia un mes máis no Hervorefervor Bar. Os Martes de novembro ás 21:30, Marcos Pin á guitarra e Xacobe Martínez Antelo ó contrabaixo abren un espazo íntimo de conversa en torno ó jazz. Dende a máis absoluta libertade interpretativa, este dúo aborda composicións xa eternas como se as foran descubrindo por primeira vez. Poucas oportunidades hai de contemplar a dous músicos veteráns disfrutando do mellor jazz como se fora o salón da súa propia casa. Estades convidad@s!!!!!


Os Martes 4, 11, 18 e 25 de novembro ás 21:30. Entrada de balde...

Lugar: Hervor e Fervor - Compostela