Axenda

Sés
quinta feira 11 decembro 2014
Vistas : 460

XOVES 11/12 (20:00H)
Concerto de Sés.

Os concertos de DUCIA DE CANS reciben a unha voz imprescindible no panorama musical galego: María Xosé Silvar, Sés!

Hai uns anos Sés apareceu en Cans cantando enriba dun camión no Cans Voulevar e o seu paso polo festival foi como un furacán que non deixou a ninguén indiferente. As súas cancións directas e o seu discurso afilado convertírona nunha artista imprescindible no panorama actual da música galega. Entre a palabra e a música, a súa actuación acabará sendo unha pequena delicatessen de desfrute pausado.

A entrada é libre até completar o aforo da sala.

Lugar: Normal Espazo de Intervención Cultural, Universidade da Coruña - A Coruña