Axenda

Machina
sábado 27 decembro 2014
Vistas : 357

Outro ano máis os amigos de Machina axudarannos a despedir o ano musical, e eles pecharán a súa xira de presentación de "A síndrome de Nerón", e farano dun xeito moi especial con artistas convidados, coa colaboración de varios DJ's (@supracan selecta e Ihamzero Noises), algúns temas en acústico e a saber cantas sorpresas máis, para despois pasar unha época ao resgardo das luces dos escenarios e volver a introspección creativa.
Só haberá 120 persoas que poidan desfrutar deste evento, e para que poidades garantir a vosa entrada podedes mercala canto antes en Carballo ( Sala A Reserva e Taberna O Patacón), Malpica (Bar Submarino), Cerceda (A Taberna e Mestura Bar) e en http://www.ticketea.com/machina-sala-reserva/

Despois do concerto celebrarase o sorteo dunha guitarra Pason (fabricada polo luthier carballés Paoson Guitarras - www.paoson.com) que se poderá seguir en directo no local ou vía facebook, sacaranse entradas cada 5 minutos ata atopar o gañador (os que estean no local presentando a entrada e os que o fagan vía facebook deberán comentar no número que saia que o teñen e remitir unha foto da entrada)

Lugar: Sala A Reserva - Carballo