Axenda

Sumrrá
sábado 13 decembro 2014
Vistas : 327

Sumrrá é un trío galego formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaxista Xacobe Martínez e o batería Luis Alberto Rodríguez. É unha das propostas máis interesantes da escena jazzística, un proxecto asombroso, un exercicio de improvisación baseado na escritura, o un exercicio de escritura pensado para a improvisación, como prefirades. O seu atractivo consiste en escoitar a tres excelentes músicos interpretando jazz xuntos, mostrando un admirable entendimento, entregándose á música coma se lles fose a vida niso.

Lugar: Arume Café - A Bandeira, Manduas (Silleda)