O Auditorio Municipal de Ourense acolle o xoves, día 18 de decembro, a actuación da Grande Orquestra Gharbo, formada por Nelson Quinteiro (voz, percusión e pedais de loop e delay), Álex Lorenzo (guitarras), Pulpiño Viascón (batería, serrucho, zendrum), Fran Castro (piano, baixo) e Eduardo Méndez Dubi (frauta travesa, saxo tenor e sopra- no). Silvia Penide, María López (Faltriqueira), Xandre Ou- teiro (Projecto Trèpia), Iván Villar (Nova Galega de Danza), Miguel Sotelo, Xandre Outeiro e Belén Trabazo (Projecto Trèpia), María Polo (Compañía Femme Fatale).
O espectáculo é un concerto escenificado coa intervención da Ban- da Gharbo!, quinteto musical ao que se unen profesionais do panorama da música e da danza de Galicia.
Cunha montaxe multidisciplinar escénico-musical, con escenografía e máis de 12 profesionais da música, danza, interpretación ou da literatura e en co-produción co Centro Coreográfico Galego 2012
Haberá unha única función ás 20.30 horas. A peza dura 140 minutos, e está dirixida a un público a partir dos 14 anos de idade.
A entrada custa 5€. Pódese mercar en www.servinova.com ou na billeteira do Auditorio dende dúas horas antes do comezo da función.