Axenda

Los Chavales + Mr. Magoo
domingo 28 decembro 2014
Vistas : 369

his could be the last time, baby the last time, I don't know... oh no!

5 anos de Chavales, 5 anos de guateques inocentes. 5 días 28 de decembro consecutivos pasamos na casa de Rocío e Marcos. Din que non hai quinto malo, pero o que non sabemos é se haberá sexto...

Levamos dende o primeiro ano do grupo celebrando un guateque no Almacén do Avó do Grove para a nosa familia sureña. Cada 28 de decembro fomos arroupados por outro conxunto festeiro, coma Chavales. Desta volta serán os pontevedreses Mr Magoo quen salten ás táboas canda nós.

Chavales despediremos este 2014 que nos deparou non poucas xornadas de ledicia. Agardamos que desfrutedes tanto coma vós nos fixestes desfrutar a nós.

Lugar: O Almacén do Avó - O Grove