Axenda

AldaoLado
sexta feira 30 xaneiro 2015
Vistas : 374

SEMPRE EN IBIZA.
Lucía Lado, María Aldao
Venres 30
21.00 horas. [20.30 h apertura de portas]

“Sempre en Ibiza” é o título do novo espectáculo poético de María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982) escrito desde un exilio, o que nos desterrou da torre de marfil. Seguimos concibindo o recital como unha festa, así que de novo botamos man da poesía como escusa para botar unhas risas, ou do humor como pretexto para compartir os nosos poemas. E sempre, sempre, condimentamos o evento con música en directo . O público somos nós mesmas, que atendemos desde o escenario ós sorrisos e á emoción de quen se achega a acompañarnos. Xogamos na casa esteamos onde esteamos, hai alegría porque a palabra é ilusión. Así no ceo coma en Galiza … sempre en Ibiza!

Lugar: Casa Tomada - A Coruña