Axenda

Aldaolado
sexta feira 16 xaneiro 2015
Vistas : 357

Hai polo menos dous meses que non actuamos en Ourense, e sentimos unha especie de síndrome de abstinencia que nos fai cuspir o licor café que nos dan nas outras tres provincias. Poñerémoslle remedio este venres 16, onde agardamos vervos baixo o teito do Ollo Ledo Café, lugar que adoramos e que de novo nos acolle para que compartamos con vós uns poemas, unhas risas, unhas cancións, e algunha que outra sorpresa.

Lugar: Ollo Ledo Café - Ourense