sábado 01 decembro 2012
Vistas : 545
Dakidarría vai ofrecer o seu último concerto do ano na casa, na Taberna Marrucho de Baiona. Trátase dun concerto en apoio ó local para fomentar a asistencia ás actividades culturais que este ofrece. O Marrucho leva moitos anos funcionando como centro de reunión de artistas, moita música pasou por esas tablas e moita mais queremos que continúe pasando durante moito tempo. Os concellos non ofertan nada similar ó que podes atopar aquí e nós, @s miñoran@s, debemos recoñecer este traballo e apoiar para que cont
inúe sendo posible esta utopía chamada Marrucho.
Con este concerto pretendemos facer ruido no Valmi reivindicando a cultura Marrucheira e lembrándovos que se non o apoiamos nós mesm@s ninguén o vai facer, e despoi botaremos de menos os concertos en ese máxico sitio da Percibilleira Baionesa.
Os beneficios de este concerto irán destinados íntegramente a publicitar as actividades culturais do Marru. E lembra, se queres música, teatro, monólogos...acude!!"
ANTICIPADA 5€
TAQUILLA 8€
Anticipadas dispoñibles en:
- Tipo Vigo
- Taberna Marrucho
- Online en marearockticket.com
Lugar: Taberna Marrucho - Baiona