Axenda

Xerión + Primigenium + Balmog + Come Back from the Dead
sábado 30 maio 2015
Vistas : 284

O 30 de maio Vigo queimarase baixo o lume inquisidor de Primigenium, Xerión, Balmog e Come Back from the Dead.
Por primeira vez na Galiza, a lenda do Black Metal Primigenium levará o caos á cidade de Vigo, no que será sen dúbida unha noite de culto no futuro. Black Metal no seu estado máis puro!
Pola súa banda, Xerión traerán máis una vez, o seu metal galaico extremo, a esencia máis escura e mística de Galiza feita música.
Balmog tocarán despois de case dous anos en Vigo, portando os seu Black Metal radical e intransixente: sangue, lume e morte!
O fedor dos cadáveres inundará á sala co Death Metal putrefacto de Come Back from the Dead, a cruz de Skogskyrkogaarden vai tremer!!

O concerto terá lugar na sala Transilvanya, no centro de Vigo. A hora de inicio respetarase escrupulosamente, será ás 21:00 (abrirase ás 20:30), e o prezo será de 7 euros (non haberá entrada anticipada).

Lugar: Pub Transylvania - Vigo