Axenda

Entroido Mutante
sexta feira 13 febreiro 2015
Vistas : 322

Dende PORNO queremos apoiar ao Liceo Mutante porque é un lugar que lle deu sentido ás nosas vidas e agora está pasando por un momento difícil. Por iso, organizamos o ENTROIDO MUTANTE, que é un festival de versións no que se apuntaron moitos músicos a disfrazarse dos seus artistas favoritos por un rato. Así podes disfrutar de moita xente sendo a persoa que sempre quixo ser e non podía, que para iso está o Entroido, festa para liberarse dos traumas. Será bastante parecido a Lluvia de Estrellas, pero sen tantas pretensións e, por desgracia, sen Bertín Osborne.

Así, escoitaremos cancións de Pixies, Nirvana, Fantasmage, Metallica, Derribos Arias, Sonic Youth, Buzzcocks, The Who, Galaxie 500, Dead Moon, Beastie Boys, Ramones, Poison Idea, Eskorbuto, Babes in Toyland, Scientists, Beatles, Union Carbide Productions, Violent Femmes, Joy Division ou Queens of the Stone Age (proximamente definiremos a lista completa).

Estarán tocadas por xente de grupos como Cuchillo de Fuego, Puma Pumku, Gorilas a Pilas, Travesti Afgano, Ded Routines, Monstruo, Los Locos Hongos, Uzumaki, Lobishome, Above the Seas, Avecrem, Los Impresionantes, Acid Proyect, Thee Boas, Metralletas Lecheras, Bala, Terremoto Sí, Chicken Brothers, Uppercut, Psychotic Acid Freek, Djalminha ou outros que se nos escapan.

A entrada é a un prezo ridículo de 3 euros de donativo benéfico para o Liceo Mutante. Empezaremos ás 20:30 porque serán moitas horas de entretemento en El Pueblo.

Lugar: El Pueblo Café Cultural - Ourense