Axenda

Cantata Vernácula
sábado 28 febreiro 2015
Vistas : 284

Se queredes escoitar boa música, e, aínda por riba, queredes escachar de risa e disfrutar do humor e a retranca con letras novedosas e melodías do país, esta é a vosa ocasión.
Estarán en CasAberta..... Xoán Porto “Guancho” (acordeón e voz) e Suso Vaamonde (zanfona e voz), dúo de músicos desprexuiciados, está considerado pola crítica actual como o máximo expoñente da rexurxente corrente denominada “Nova Troba Truana”. De feito, son os únicos representantes deste estilo.
Este dúo humorístico-musical galego e do máis saudable que se pode atopar nas boticas do século XXI.
Apto para todo tipo de público (celíacos, diabéticos, cirróticos...).
Entrada gratis, saída, "la voluntá".

Lugar: CasAberta - Celanova