Axenda

Sés
sábado 16 maio 2015
Vistas : 165

+potencia, ++ sentimento, +++ Ses

Continúa a xira presentación do terceiro disco da cantora no que suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate.
Os valos desaparecen e as rúas deixan de estar prohibidas no novo traballo discográfico de Sés. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica. Estamos en tempo de “Tronzar os valos”, de responder con música e ideas, con ilusión contra abatemento.
Estamos en tempo de Sés e do terceiro disco dunha das nosas máis singulares e poderosas voces.
A vindeira parada da xira será no AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DE LUGO , o vindeiro sábado 16 de Maio a partir das 20:30h. As entradas xa están á venda en ataquilla.com
Doce cancións nas que adentrarse no universo Sés. Porque a Sés de “Tronzar os valos” é máis Sés que nunca. Isto significa a suma da potencia do rock, o ritmo e a mensaxe da canción latinoamericana, a tradición que leva nas veas e a súa intensa condición de cantora que
impregna a maneira directa de se achegar ao público.
Despois do éxito de “Admirando a condición” e “Co xenio destrozado”, o terceiro disco de Sés, “Tronzar os valos”, confirma unha forma de cantar singular, a flexibilidade de contorsionista dunha voz que se adapta a múltiples rexistros: suave como poucas nas baladas e desgarradora cando se impón a súa vea blues e rock. Regresa Sés aos escenarios coa enerxía do vento e
cancións cheas de verdade e forza.

www.mariaxosesilvar.com

Lugar: Auditorio Gustavo Freire - Lugo