Axenda

Habelas Hainas
sábado 28 marzo 2015
Vistas : 235

28 de marzo Concerto de Habelas Hainas

A Asociación El Pueblo Saumede e ACAS teñen o pracer de presentarvos a Habelas Hainas.

É en 2009 cando estas catro rapazas crean o proxecto Habelas Hainas. Catro multiinstrumentistas que partindo da música tradicional, exploran eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro, sempre dende unha ollada feminina e plural.

Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición; tal inquedanza permanente reflíctese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais creando un son enérxico, fresco e orixinal.

Lugar: Asociación El Pueblo Saumede - A Bola