O venres 10 volve o teatro mutante con moita forza e novas propostas, desta vez temos o pracer de disfrutar dos Cintaadhesiva.
Cintaadhesiva é un dúo. O seu espectáculo é o conxunto da música de Jesús Andrés e os textos de Silvia Penas. Ten forma de concerto, de feito, é un concerto, ás veces falado, ás veces cantado. Ten forma tamén de poesía escénica, de feito, é poesía escénica.
O prezo da entrada será de 5 euros, todo para os artistas, coma sempre. Abrimos portas ás 21:00, e a obra comezara ás 21:30 .