Axenda

Poetarras
sexta feira 17 abril 2015
Vistas : 274

Poetarras é un colectivo arterrorístico formado por Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde. Naceu en 2013 logo dunha noite de esmorga a base de licor café e Galicolas. Os 3 mozos decidiron facerlle a competencia a Resistencia Galega e converterse no referente da loita armada do pobo galego, aínda que tiveran que renunciar ao traballo e á parella que non tiñan. As súas armas serían sketches e cancións, humor e música, retranca e melodías, e para a súa misión contarían co apoio de arterroristas autónomos.
O obxectivo? Ofender a alguén nalgún lugar por algún motivo… ou non. En realidade o obxectivo dos Poetarras é facer o que lles peta sen preocuparse das molestias que causen polo camiño (porque SEMPRE haberá alguén molesto co que fagan) e que o único filtro do seu traballo sexa o do que consideran gracioso. No fondo son moi riquiños e non buscan pelexa… pero se hai que dar un par de hostias, danse.

Lugar: Sala Dublín - Carballo