Axenda

Rolling Verzas
sexta feira 17 abril 2015
Vistas : 382

Informamos da nosa próxima actuación o día venres 17 de Abril no Pub Mobile na localidade de Maceda. É o noso primeiro concerto na provincia donde arrancaremos cunha xira de varios concertos polo territorio galego dos cales os seguintes serán o día 2 de Maio en Pontevedra no Pub Diaño e o día 28 de Maio en Freixo, Vigo. O pub Mobile, recén re-inaugurado, destaca pola súa involucración na cultura musical ofrecendo concertos e micros abertos entre outros eventos.

Lugar: Pub Mobile - Maceda