Axenda

A Volta do Agro. XX Aniversario-Foliada
sexta feira 01 maio 2015
Vistas : 182

O "Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro" de Lugo celebrará o próximo 1 de maio o XX Aniversario da asociación cunha festa-foliada que terá lugar na sala Clavicémbalo a partir das 23.30 h., con "entrada de balde con dereito a baile". Nesta festa a asociación fará un pequeno percorrido por estes vinte anos de historia e traballo na recuperación e difusión da cultura tradicional (cantos, bailes, música, ...), acompañados por exmembros e amigos, e por todos aqueles que queiran acompañalos neste día tan especial.

Lugar: Club Clavicémbalo - Lugo