Axenda

Monstruo + Vietnam + Travesti Afgano
sexta feira 15 maio 2015
Vistas : 227

Monstruo e Vietnam son e falan de erros, da ausencia de futuro xa, de violencia e actrices, de procesos de comunicación internos e externos. Usan voces e ritmos, entre o caótico, desbocado, e o que é tan firme que resulta perturbador. Falan das cousas importantes porque lles importa o que fan. A música non é un hobby, a arte ten que ser crucial e é triste ter que dicilo e parecer no mellor dos casos un romántico e no peor un pedante. Unha canción é un manifesto cheo de preguntas.

Vietnam veñen a Galicia a facer catro datas seguidas. É campaña electoral. Tocarán temas de Prevención para los niños, o seu LP de próxima edición. Monstruo súmanse a todas elas, e en función da localidade a unidade popular aumenta.

Mércores 13 – Cachán Clube (Santiago) – 22h, 5€. Con Vozzyow, xuventude tatuada e de furia virtuosa que presentan os temas de Petroglifos Mogor, o que será o seu LP de debut a editar por PORNO e Nostalgia Records. Organizado por PORNO e Mojo.

Xoves 14 – El Pueblo (Ourense) – 22h, 5€. Menores de 23 gratis.

Venres 15 – Liceo Mutante (Pontevedra) – 19:30h , 5€. Con Travesti Afgano, lendas vivas que participaron, como Vietnam na triloxía de splits navideños de Monstruo. Post-punk encendido e firme, tamén sacarán en breves Jefes de Julais con Mama Vynila.

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra