Axenda

Pablo Vidal Trío
quinta feira 21 maio 2015
Vistas : 327

Concerto de presentación do album "Jazz PAGANO"

ENTRADAS: 5€

“Jazz contemporáneo con raíces. Jazz PAGANO lévanos, por momentos, a mais fonda tradición galega.”

Pablo Vidal: contrabaixo
Gabriel Peso: piano.
Noli Torres: batería.

Pablo Vidal, contrabaixo e composicións.
Comezou estudando piano aos 9 anos e durante a adolescencia atopouse co baixo.
Estudou armonía, composición e improvisación no ATENEO DE MÚSICA de MADRID con Félix Santos obtendo as máximas calificacións. Pasou polo SPJ e ten asistido a numerosas MASTER CLASS. 
No seu longo devagar participou e colaborou con numerosos grupos e proxectos, tanto como músico, arranxador ou productor (7ª Convocatoria, Os Resentidos, Steps 4 Jazz, Sons de Cine, Proxecto Sapoconcho, CoraSons, Antilia, etc...) Ten gravado como músico de estudio para variosos artistas en PKO.
“Jazz PAGANO” é o seu primeiro CD de jazz como compositor. 

Gabriel Peso, piano. 
Licenciado con matrícula de honra no Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidad de jazz. Realizou numerosas MASTER CLASS (Peter Bernstein, Joe Martin, Jorge Rossy, Aruan Ortiz... etc.) Ten participado e colaborado con numerosas formacións:
Rosa Cedrón, Black Light Gosper Choir, Judith Mateo, Verónica Ferreiro, SES... etc.
Ademais de co seu propio trío jazz, toca con bandas como Funkillo etc. por toda a xeografía ibérica. É director musical de Soraya Arnelas e Abrahám Mateo entre outros.

Noli Torres, batería. 
Licenciado no Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidad de jazz, ten asistido a numerosas MASTER CLASS, pero o mais importante sen dúbida é a súa ampla experiencia. Participou e colaborou en numerosos grupos , con moitos das cales gravou. convertíndose nun solicitado baterista, empático, e imprescindible na escena do jazz actual, razón pola que é requerido con frecuencia por numerosas formacións.

Os tres colaboran con outras formacións dentro e fora do jazz, ademais de ter a súa propia banda.

Lugar: Auditorio de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa