Sabado, 30 Maio as 23:00 h
Prezo da entrada POR DETERMINAR
Ferrol. Pza. de Amboaxe.
Treixadura, 25 anos
Presentación do seu novo traballo discográfico “Vendima tarda” nun concerto especial coa colaboración do histórico coro Cantigas e Agarimos de Santiago.
Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas. Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.