Axenda

A Gramola Gominola
cuarta feira 01 xullo 2015
Vistas : 174

1 XULLO mércores 18:30 h

A Gramola Gominola Unha historia de rock para nenos de 0 a 99 anos

Unha nova formación composta por recoñecidos músicos: Paco Cerdeira, Anxelo de Xermar, Paula Romero e Rodrigo Muñoz. Presentan un proxecto musical diferente, tendo como eixo central o Rock and Roll, e explorando todos os estilos da música actual: reggae, baladas heavys, pop, funk, country, blues, ska… Nel fan un repaso pola historia da música moderna, a través do cal os nenos poderán coñecer cal foi a súa evolución, tratando nas súas letras valores tan esenciais como a amizade, a familia, a importancia de facer deporte e levar unha alimentación saudable, os xogos, a natureza…

Lugar: Xardíns da Deputación - Lugo