Axenda

XIV Festival Retrouso e II Retro-Foliada
sábado 11 xullo 2015
Vistas : 531

XIV FESTIVAL RETROUSO e II RETRO-FOLIADA


Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!
Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 11 de xullo a partir das 21h.
Nesta XIV edición contaremos coa participación do Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro, de Lugo.
Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán unha pequena actuación de baile, de gaita e de pandeireta.


E tralo gran éxito acadado o ano pasado, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!!
A partir das 22:30h. gran foliada no Eirado de Cela na que contaremos, ademais de con todos vós, cos seguintes grupos convidados que virán tocar e participar da festa:
Traspés (Vigo), Virutas de Ébano (Vigo), Os Micos (Santiago de Compostela), A Mámoa de Luou (Teo) e Ultreia (Santiago de Compostela). 

Por suposto, trátase dunha foliada aberta a todo o mundo. 
Estades todos convidados!!! 

Todos aqueles grupos que queiran vir a tocar e/ou cantar, podedes anotarvos de xeito anticipado aquí neste evento ou ben enviando mensaxe privada ao facebook de Retrouso; ou alí no mesmo día da Retro-Foliada. 

Haberá bochinche con comida e bebida para repoñer forzas e combater a calor e a sede!!


Para os que nunca viñestes a Cela, aquí tendes unha ligazón ao google.maps que vos leva ata o mesmiño Eirado de Cela (pasando o cemiterio, fronte á Igrexa):

https://maps.google.es/maps?daddr=Estrada+descoñecida&hl=gl&ie=UTF8&sll=42.329077%2C-8.751168&sspn=0.011295%2C0.022724&geocode=FZLbhQIdoXF6_w&oq=bueu&t=h&mra=ls&z=16

Lugar: Eirado de Cela - Cela (Bueu)