Axenda

Lilí Berlín
sábado 04 xullo 2015
Vistas : 348

Sábado 4 de xullo, ás 22:30, na sala Ártika,
LILÍ BERLÍN CABARET.
Un espectáculo que entra nas raíces do cabaret universal. Unha historia chea de paixón, humor, traxedia e glamour.
Lili Berlín é unha diva trasnoitada que asina un pacto co demo xunto co seu pianista, Berg, a finais do S. XIX para permanecer inmortal e percorrer os cabarets do mundo, fuxindo dos poderes establecidos que a perseguen alí onde se instala. Crítica política e social, acompañada polas mellores músicas da Europa de Entreguerras ao piano, converten este cabaret cheo de sensualidade, frescura, e calidade musical nun referente.

 

Lugar: Sala Teatro Ártika - Vigo