Axenda

Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao
sexta feira 24 xullo 2015
Vistas : 483

Galiza Nova reivindicará no 24 de Xullo, ás 17:30 horas no Parque de Bonaval, a dúas das figuras máis importantes da nosa nación, Rosalía de Castro e Daniel Castelao, dous símbolos e exemplos para todas as mozas e mozos que día a día loitamos polos dereitos colectivos que como nación nos pertencen.

O acto contará coas intervencións musicais de POETARRAS e LOAIRA, asi como coas intervencións políticas a cargo do Secretario Xeral de Galiza Nova, ALBERTE MERA, do Secretario de Organización do Bloque Nacionalista Galego, BIEITO LOBEIRA, e de ARGANTAEL KERDUDO da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

Vémonos o 24 pola tarde, ás 17:30 no Parque de Bonaval!

Lugar: Parque de Bonaval - Santiago de Compostela