Axenda

1º Serán ao Carón do Cruceiro
sábado 11 xullo 2015
Vistas : 336

O grupo de Danzas Soavela convídavos o seu primeiro Serán “Ao carón do cruceiro”.

O evento terá lugar o día 11 de xullo no adro da Igrexa do Hio. Comezaremos ás 19:00 h. con talleres de percusión e iniciación ó baile tradicional para todas as idades.

Unha vez rematados os talleres, e a partir das 22:00 h. daremos paso ó serán coas actuacións dos grupos Proa ó vento, Os do serán e Viruxe. A festa continuará con todos aqueles que queirades participar coa vosa música.

No transcurso da noite realizaranse varios sorteos de productos típicos da zona e remataremos a festa cunha chocolatada a que estades todos convidados.

Esperámosvos ao carón do cruceiro!

Lugar: Adro da Igrexa do Hío - O Igrexario, O Hío (Cangas)