Axenda

Banda Crebinsky
quinta feira 16 xullo 2015
Vistas : 398

Este xoves as 20:30 tocaremos nas Bodegas Martín Códax. Un lugar moi especial cunha paisaxe e música que, de seguro, disfrutaredes. Acompañádesnos?

Se houbese que etiquetar o estilo de Banda Cebinsky, pronto nos veriamos en serias dificultades pero podemos arriscarnos con expresións como "composicións eclécticas-delirantes próximas ao world music" ou ben "música popular dun país inexistente".

No 2010 sacaron o seu primeiro disco "Banda Crebinsky" cos temas da B.S.O. composta por Pablo Pérez para a película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir dese momento comezan a ofrecer concertos en diversos formatos, festivais ou ciclos de concertos. Ao mesmo tempo, ademais de recibir o Premio Martín Códax da Música 2013 en Músicas do Mundo tamén reciben o de Mellor Música Orixinal do Festival Internacional de Cine de Toulouse e do Festival Internacional de Cine de Oaxaca ou o de Mellor Videoclip nos Premios Mestre Mateo.

En Marzo de 2012 publicaron o seu segundo disco "Jet Lag", no que a banda opta por un son máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos, culturas e idiomas nunha viaxe ao mundo en constante metamorfose.

NOTA: ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDA A ENTRADA DE MENORES DE IDADE AOS CONCERTOS.

Esgotado

Lugar: Ádegas Martín Códax - Vilariño (Cambados)