Axenda

Factoría de Subsistencia
sábado 18 xullo 2015
Vistas : 352

Hoxe, 18 de xullo de 2015, será un día marcado a sangue e lume na memoria dos habitantes de Poio e arredores xa que é o primeiro concerto de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA co cd ( CERCA DA TÚA ORELLA ) de corpore presente.

E para celebralo nada mellor que facelo ás 23h en formato trío con José Lameiras á batería, Sabela Dacal ao acordeón e un servidor coa guitarra.

Podémosvos asegurar que hai momentos de moita intensidade.

Lugar: La Tele Loungebar - Raxó (Poio)