segunda feira 17 agosto 2015
Vistas : 465
-
Baquetas voadoras, tambores usados como aparello, instrumentos manufacturados e música, moita música en directo, son os elementos que utilizan os compoñentes de Odaiko para espertar o enxeño do público nun circo percutense.
|
'Vaia circo!' é un proxecto didáctico no que Odaiko Percussion Group fai fincapé no tres elementos que sempre os caracterizaron como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena. O grupo fai unha divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sons, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas son os puntos esenciais.
http://odaiko.es/
Lugar: Aturuxo Bar - Bueu