Axenda

Virandeira Folk
domingo 11 outubro 2015
Vistas : 116

VIRANDEIRA FOLK

11/Oct/2015 - 11:55pm

VIRANDEIRA FOLK

Chema Alonso:gaita;David Oitabén:frautas;André Taboada:violín;Roberto González :guitarras; David Casal:baixo; Alex García:batería.

Banda de folk fusión que aposta pola mistura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes: folk, rock, jazz, clásico… Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 có seu debut discográfico, Sons do Atlántico, un álbum que foi presentado no Culturgal daquel ano e que colleitou os aplausos do público en escenarios como o Auditorio Afundación de Vigo. Con Metamorfose o grupo evoluciona cara un espectáculo máis xenuino e vital, sen olvidar a expresividade e sensibilidade dos temas cós que a banda deuse a coñecer.

Lugar: Club Clavicémbalo - Lugo