Axenda

Camarada Nimoy + Sofá
sexta feira 09 outubro 2015
Vistas : 397

Dende Zarautz chegan SOFÁ. Teñen un album, chamado "I", composto por 5 almofadas que dan para estar máis que cómodo na súa escoita. O seu estampado musical abarca moitas gamas de diferentes intensidades e desprenden notas ergonómicas que se adaptaran os vosos oídos. Materiais sonoros de primeira calidade garantidos.

http://thesofa.bandcamp.com/releases
https://www.facebook.com/thesofaband

OS CAMARADA NIMOY están de volta e nós máis que contentos. Nesta ocasión o farán cun novo album baixo o brazo, "Alucinacións Acústicas". Mentres non poidades surfear o anel de Saturno ou disparar o "transfuncionador del contínuo" en K-Pax o millor que podedes facer é mergullarvos no seu espectáculo audiovisual e deixar que todo flúa.

https://camaradanimoy.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/camarada.nimoy

Comezará ás 21:30h e a aportación para as bandas será de 4 euros.

Lugar: Distrito 09 - Vigo