Axenda

Poetarras
sexta feira 16 outubro 2015
Vistas : 373

Este venres visítannos os Poetarras, colectivo arterrorístico integrado polos cangueses Manuel Gago e Rubén Lino, e o amesán Daniel Villaverde. O seu obxetivo é "ofender a somebody en somewhere por something" e conségueno a través de sketches que eles mesmos escriben, interpretan, cantan, tocan, filman e editan.

Logo de dar o salto ás actuacións en directo convertíronse nunha das revelacións do panorama musical galego e veñen demostralo ao noso estrado a eso das 23:00h deste venres 16 de outubro, non o perdades!!!

aquí vos queda a canle do grupo para que vaiades botando un ollo:
https://www.youtube.com/user/resistenciapoetarra

Lugar: O Encontro - Barrantes (Ribadumia)