Axenda

Mini e Mero
sábado 31 outubro 2015
Vistas : 248

SÁBADO 31, MINI E MERO EN CUNTIS NUN ACTO DA MEMORIA HISTÓRICA, NA CASA DA CULTURA ÁS 12:00 H.

Mini e Mero actuarán despois da celebración dun pleno simbólico para restituír a derradeira corporación da II República neste concello, destituída e represaliada polo golpe de estado franquista de 1936, será na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres. A homenaxe rematará na Horta do Cura onde terá lugar a descuberta dunha placa que honrará a todas as persoas cuntienses represaliadas durante a ditadura franquista.


Lugar: Casa da Cultura - Cuntis