Axenda

Samaín na Cambalhota
sábado 31 outubro 2015
Vistas : 308

Convidámosvos a asistir, o vindeiro sábado 31 de outubro, á festa do Samaín no centro social A Cambalhota.
Ás 20h. comezará un concerto de medo!: “Jade e Saray”, o magnífico dúo musical, abriranos o apetito da festa. A continuación, “Os Vates Bonhomios” saciarannos nesta velada terrorífica co seu repertorio de estilo propio derivado do rock e o blues, e tamén co seu humor.
Non esquezades vir co voso disfrace.
Haberá comidas moi saborosas e pinchos varios, por se alguén non se dá por satisfeito co que os músicos nos ofrecerán, e cada un pode achegar o que queira.
Esperamos que todos veñades para brincar e ouvear con nós!!!

Lugar: C.S.A. Cambalhota - Allariz