Axenda

Mini e Mero
sábado 07 novembro 2015
Vistas : 393

SÁBADO 7, MINI E MERO EN VILALBA ÁS 12:00 H.

A Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos van nomear a David Otero "Chairego de Honra", será o sábado día 7 na Casa da Cultura do Concello de Vilalba, nun acto que acollerá unha táboa redonda na que intervirán Helena Villar, Xoan C. Garrido, Héitor Picallo, Xavier P. Do Campo, Mini e Mero, Alfonso Blanco e Xulio Xiz.

Despois do xantar haberá un concerto de Mini e Mero e Raúl Galego.

Lugar: Casa da Cultura - Vilalba