Axenda

Sés
sábado 28 novembro 2015
Vistas : 338

o pasado 23 de agosto o concerto que SES tiña programado nas Festas de Ferrol tivo que ser cambiado de ubicación por mor das inclemencias meteorolóxicas e moitos de vos non puidechedes acceder a un Teatro Jofre que se quedou pequeno para a ocasión. Este vindeiro sábado 28 de Novembro SES volta a Ferrol para ofrecer un concerto con toda a súa banda, dentro da programación que o concello organiza pola "Semana Contra a Violencia de Xénero". O concerto terá lugar na Praza de España a partir das 21:00h e baixo unha gran carpa.

Lugar: Praza de España - Ferrol