Axenda

The Skarnivals + Tinta Femia
sábado 14 maio 2016
Vistas : 99


The Skarnivals
é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo.

Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos.

En decembro de 2010 a banda presenta Skakeo. Un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa “Historias do mar”. Ademais, ese mesmo ano, esta ma- queta condúcelles a formar parte do recopilatorio internacional Echte Übersee Records editado en Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento.

En outubro de 2012 a banda lanza o seu primeiro LP. Torsión Mundial.

Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península.

Desde entón, e tras un ano de intenso traballo. A banda volve aos escenarios coas pilas cargadas e un novo disco debaixo do brazo.

Entrada + CD: 7

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu