Axenda

II Festifolk Costa da Morte
sábado 09 xullo 2016
Vistas : 81


Os actos do sábado comezarán ás 20.30 horas coa concentración das agrupacións de música tradicional que media hora despois percorrerán Carballo facendo soar os seus instrumentos: Banda Municipal de Gaitas, o Grupo de Gaiteiros do San Cristovo, O Son do Castro, Malante, Cruz de Baixar, Castro-Meda, Farrapos de Neaño, Arume de Caión, Xaramiños do Corpiño, Arume de Berdillo e Aires do Pinar. O desfile concluirá ás 22.00 horas na praza do Concello, onde todos interpretarán ao unísono o Himno do Antigo Reino de Galicia. Despois será o momento de gozar da actuación de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que presentan o disco The Tambourine Man, e de Pepe Vaamonde e o seu Nas pedras do lar.

Lugar: Carballo