Axenda

XX Festival Folclórico Baíña ´16
sábado 03 Setembro 2016
Vistas : 85

O 3 de setembro, ás 22h na Praza do Concello de Baiona, celebrarase o XX Festival Nacional de Folclore que organiza a Asociación Folclórica "Airiños da Lagoa" de Baíña.

Este ano, no que celebraremos a nosa segunda década, contaremos coa participación dos grupos " Manteos y Monteras" de Alcañices (Zamora), "Korosti Dantza Taldea" de Legazpia (Guipúzcoa) e, como non, os anfitrións "Airiños da Lagoa" de Baíña (Baiona).

En caso de mal tempo o evento celebrarase no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona.

Esperámoste!!!

Lugar: Praza do Concello - Baiona