Axenda

Guezos
sábado 01 outubro 2016
Vistas : 22

Voltamos ao Con do Moucho! Voltamos á Illa de Arousa! Un dos concertos máis especiais para nós por moitísimas razóns; porque alí coñecimos xente estupenda que sempre nos acolleu dun xeito espectacular e coa que seguimos tendo relación. Reencontrarémonos con todas/os elas/es, aínda que esta vez non estean detrás da barra! E, por suposto, estamos desexosos de tocar no Con nesta nova etapa para o local e tamén para nós!
Este, será un dos 3 concertos que daremos en outubro. Despois faremos unha pausa nos directos para darlle forma a varias ideas que estamos tramando!!!! :-)
1 de OUTUBRO, NA AROUSA!!!

Prezo da entrada: 5 euros. Podédelas recoller no propio Con do Moucho durante esta semana ou na porta o día do concerto. O aforo é limitado e é moi probable que se esgoten axiña. Non o deixedes para o último día!

Lugar: Con do Moucho - Illa de Arousa