Axenda

MJ Pérez
quinta feira 01 decembro 2016
Vistas : 162

O vindeiro xoves 1 de decembro, ás 21:00h, MJ Pérez presenta o seu novo videoclip: A Peza Solta. Será en O Ateneo Trinta (Santiago de Compostela) - Entrada libre ata completar aforo.

Unha velada especial na que se proxectará a peza audiovisual seguida dun pequeno concerto acústico con toda a banda ao completo.

Un vídeo realizado por Rubén Gasalla e Pablo Lomba, producido pola propia María José, coa axuda de Martín Rei e O Valse. Conta coa colaboración especial de Lidia Bao.

Este vídeo presenta tamén un tema novo: unha reedición do tema "A Peza Solta" do seu último disco Guerrilleira. Desta vez coa colaboración da súa banda: Diego Fiuza (baixo), Alberto Rama (batería) e Inés Mirás (violín). Ademáis do cambio musical, destaca pola suma dos versos da poeta Lidia Bao.

Foto Fixa: Marta F. Escobar

Lugar: O Ateneo 30 - Santiago de Compostela