Axenda

Os Amigos dos Músicos
sexta feira 17 febreiro 2017
Vistas : 130

Xente de Compostela, avisamos con tempo que sabemos que tedes moito lío e que vos gusta planificar ao detalle. O 17 de febreiro, xa do 2017, levaremos as nosas músicas á vosa cidade. Será na sala Riquela. As entradas tédelas en Ticketea (con packs a prezo reducido de entrada + vinilo/CD ou CD) e n'A Reixa Tenda. Así que xa sabedes, ides facerlle unha visita a Fran, mercades algún regalo, algo de roupa para ir ben arranxados este Nadal e un par de entradas para Os Amigos dos Músicos(sempre hai que comprar dúas, que nunca sabes a quen podes invitar...). Todo medre!

Lugar: Sala Riquela - Santiago de Compostela