Axenda

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
sábado 17 decembro 2016
Vistas : 27

The Tambourine Man [2015]

The Tambourine Man é un disco no que, xunto ás Adufeiras de Salitre (grupo composto de 11 percusionistas e cantoras de música tradicional) e dous músicos (os irmáns Gutier, á zanfona e violín; e Javier Álvarez, co acordeón diatónico), mostra unha renovación da música popular galega engadíndolle un enfoque vangardista, ao longo dos 11 temas tradicionais galegos e 1 en castelán que compoñen o disco.

Tamén colaboran destacados músicos da música tradicional ibérica, como Kepa Junkera, Carmen París e Aleix Tobias (Coetus), ademais doutros músicos galegos como Xosé Manuel Budiño, Fernando Barroso ou Alfonso Merino.

Data: Sábado 17 decembro 2016
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura de Narón
Compañía: Xabier Díaz & Adufeiras de salitre
Espectáculo: The Tambouride man
Xénero: Música tradicional galega
Duración: 1h 15min
Público: adultos
Prezo: 9.50€ público xeral
6.65€ abonados / carne xove ou de estudante (ata 25 anos) / desempregados

+info 981 102 897
https://www.padroadodecultura.es/

Lugar: Pazo da Cultura - Narón