Axenda

Luis Emilio Batallán
sexta feira 03 febreiro 2017
Vistas : 28

Riquela Club acolle a presentación en Santiago de Compostela do último traballo discográfico de LUIS EMILIO BATALLÁN. Editado por Universal, o disco titulado 70 y 29 chega dous anos despois do seu anterior disco, Había que chegar (2014), e inclúe 14 temas nos que segue na estela do seu antecesor, marcado polo latino, pero deixando protagonismo ao jazz e o blues. En 70 y 29, Luis Emilio Batallán canta ao amor e as súas diferentes facianas asomándose ao interior das sentimentos e das persoas coa elegancia e o bo gusto que proporcionan a experiencia e a madurez. O disco conta con colaboracións de tres grandes figuras como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat e Pablo Milanés; nomes que falan por sí sós do recoñecemento do que goza entre os seus compañeiros este veterano compositor, músico e cantautor compostelán que iniciou a súa actividade musical nos anos 70 e que semella vivir unha nova primavera creativa. Non podemos esquecer que Luis Emilio Batallán asinou en 1975 o que probablemente é o único disco supervendas en galego, aquel Aí ven o Maio que vendeu arredor de case medio millón de exemplares. Nesta xira de presentación de 70 y 29 quedaba pendente a presentación ante o público da súa cidade, Compostela… esta débeda será saldada o venres 3 de febreiro (Riquela Club, 21.00 h.) e as entradas están dispoñibles en Ticketea, Riquela e A Reixa Tenda.

Lugar: Sala Riquela - Santiago de Compostela