Events Calendar

The Manueles + Indy Tumbita & The Voodoo Bandits
Friday 11 March 2022, 21:30
Hits : 9
by Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

THE MANUELES
A banda instrumental The Manueles nace no verán de 2017 da man de tres músicos ben coñecidos nas Rías Baixas e procedentes de outros grupos de irremediable éxito comercial: Virxilio da Silva na guitarra (Foxy Freire, Loiros, Fuzzo, Juzz...), Juansy Santomé no baixo (Foxy Freire) e Chus Pazos na batería (The Swinging Flamingos, Fuzzo, The Allew Stompers...).
A idea primixenia do proxecto era simplemente visitar un puñado de clásicos do surf rock e facer algunha reinterpretación de standards de jazz baixo a influencia do estilo californiano, pero despois de dous concertos versionando diferentes clásicos, e cando xa parecía que o obxectivo proposto tiña sido acadado, comezaron a agromar os primeiros temas orixinais e sen querelo os tres músicos atopáronse totalmente posuídos pola reverberación e o twang dun estilo que atraparía completamente as súas almas e do que nunca mais serían quen de fuxir. Dende entón, veñen traballando sen descanso na procura da súa propia identidade neste subxénero de culto, refregándose por escenarios de toda Galiza e facendo as delicias daqueles que teñen a oportunidade de acudir aos seus selectos concertos. De entre as actuacións más memorables ofrecidas polo trío cabe destacar a súa participación en festivais como Revoltallo (Vigo), Outono Códax Festival (Santiago de Compostela), Rocking Vila (Vilanova de Arousa) ou Marín Vivo.
Sacan o seu primeiro LP homónimo no verán de 2020, gravado e mesturado nos Estudios Circo Perroti de Xixón por Jorge Explosión e coeditado polos selos Sweet Groove Records, Ulomania Coop. e Fonosaurios. Desgraciadamente a maior parte dos concertos de presentación tiveron que ser cancelados por mor da Pandemia, pero esperan poder volver aos escenarios con forzas renovadas cando a situación o permita. Dende a saída do seu disco, malia non ter tido apenas oportunidades de defendelo ao vivo, o grupo tense gañado o respecto dos mellores pichadiscos e críticos do estilo, dende Diego R.J. do Sótano de Radio 3, até Jonpaul Balak e o seu Fiberglass Jungle (EE.UU) ou Franky Zwiler de Infamous Frankenstein Deejay Live Show (Francia)
Location La Fábrica de Chocolate - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.