GalegoZ é un proxecto creado no 2005 por algúns dos integrantes da Matraka Perversa, coa pretensión de crear un grupo de música virtual e desenvolvese asemade actividades teatrais e videocreativas, inspirado en GorillaZ.
Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e zarrapicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, Aranhoto Style! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ao poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bo humor.
O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionase diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo, inspirándonse en Gorillaz. Proxecto creado por algúns dos membros da Matraka Perversa, en febreiro do 2006, -animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”-, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee”, -un traballo de manufactura caseira editado pola discográfica galega Ouvirmos-, e o “grupo virtual” transfórmase nunha banda formada por músicos procedentes de distintos grupos galegos.
En 2007 a banda tocou ao longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo “Revolution Dance” nos festivais mais importantes do pais. No 2009 publicaron o seu último disco, "Viñeron da Galiza interior".
A banda Galegoz está formada por: Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomas Ruido (Técnico de son e produción técnica ), Matías Olazábal (guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son).
Descarga Viñeron da Galiza interior de GalegoZ